José Reigosa: ''El siguiente paso es conseguir que la Xunta concierte más plazas''

José Reigosa. PEPE ÁLVEZ/AEP
photo_camera José Reigosa. PEPE ÁLVEZ/AEP

A asociación de axuda a persoas con discapacidade intelectual con maior traxectoria de Lugo, Aspnais, acaba de gañar o concurso da Deputación para facerse coa cesión do vello hospital de San José durante 75 anos. O seu presidente, José Reigosa, explica o proxecto de crecemento de Aspnais

Contento, supoño, por ter gañado a cesión do hospital de San José.

Contento non, contentísimo, se a noticia se confirma [está pendente a aprobación pola xunta de goberno da Deputación, seguramente a vindeira semana], porque nos soluciona o enorme problema de espazo que temos. Agora mesmo temos tres edificios abertos, o da Rampla de Claudio López, os talleres das Arieiras e o piso tutelado de Río Chamoso. San José permítenos unificar todo, co que iso supón de aforro e ademais ampliar servizos.

Ampliarán os servizos que xa teñen ou poñerán en marcha algún novo?

Estámoslle dando voltas a algunha outra cousa, pero de momento non podo avanzar nada. Polo pronto, a idea é ampliar fundamentalmente a residencia, pero tamén o centro de día e o centro ocupacional, porque temos demanda para os tres. O problema é que a Xunta leva anos sen concertar novas prazas e a xente non ten capacidade económica para costealas pola súa conta na súa totalidade. De todos os xeitos, agora mesmo, aínda que a Xunta concertase máis prazas, na residencia non temos espazo. O actual centro residencial ten unhas 40 prazas e San José permitiranos ofrecer 32 máis. No centro de día e no centro ocupacional si temos algunha praza libre neste momento, pero sen concertar.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios