José Luis Vázquez Penín: ''Sería importante que el Hula tuviese el servicio de Oncología para niños''

José Luis Vázquez Penín, no seu despacho. Foto: FANY
photo_camera José Luis Vázquez Penín, no seu despacho. Foto: FANY

Di que chegou ata onde chegou —é o novo representante da Asociación Española contra o Cancro en Lugo— só «por e para a causa» e este home sabe perfectamente de que causa se trata, pois leva cinco anos loitando contra un cancro de estómago do que logrou saír adiante.

vese un pouco asustado co cargo que vén de asumir -«un cargo non remunerado», aclara- pero fíxoo simplemente por estar aí, con outra xente coma el, enfermos de cancro, que acoden á asociación a informarse e tamén a recibir, na maioría dos casos, axuda psicolóxica, un dos atrancos máis grandes na recuperación dos pacientes.

Costoulle dicir si?

Falaron comigo desde Madrid dúas ou tres veces e penseino moito. Non é fácil porque, se queres facer cousas, tes que dedicarlle tempo e traballo.

Pensa traballar moito?

Esa é a miña intención, aínda que pouco se pode facer se non axudan as institucións e as empresas. Pero, bueno, fágoo pola causa. Cheguei aquí por e para a causa, nada máis.

E a súa causa é a mesma ca dos outros pacientes que veñen á asociación?

Si, son un

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios