jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Idean un hielo con ácidos naturales que mejora la duración y calidad del pescado

Sonia Caamaño, Karola Boehme e Marcos Quintela, nun dos laboratorios do Lhica. (Foto: EP)
Sonia Caamaño, Karola Boehme e Marcos Quintela, nun dos laboratorios do Lhica. (Foto: EP)

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi) buscaba un sistema para conservar máis tempo o peixe capturado en alta mar e o Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (Lhica) da facultade de Veterinaria, xunto co Instituto de Investigacións Mariñas do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), déronlle a solución: un xeo en escama que incorpora ácidos orgánicos naturais conservantes. Este novo produto, segundo os investigadores, «mellora a calidade e aumenta o período de duración do peixe fresco».

O proxecto de investigación centrouse na mellora da calidade e da conservación de pescada e o rapante, dúas especies que, xunto co rape, representan unha porcentaxe moi elevada das capturas feitas pola flota da Cooperativa de Armadores que opera no Gran Sol. Ata o de agora, os buques de pesca que van a alta mar empregaban o xeo tradicional, a base de auga. A nova composición inclúe ácidos lácticos, que teñen un marcado efecto bactericida, e ácidos cítricos, que actúan como antioxidantes, segundo relatou o catedrático de Tecnoloxía de Alimentos da USC, Jorge Barros.

Consiga AQUÍ la información completa

Idean un hielo con ácidos naturales que mejora la duración y...
Comentarios