‘Ianuarius’, una puerta al pasado

Foto: Pepe Tejero
photo_camera Foto: Pepe Tejero

A REDE MUSEÍSTICA provincial continúa co seu labor a prol do achegamento dos museos aos máis novos, mediante o desenvolvemento de obradoiros como o que onte impartiron no Museo de Lugo Lucía Dequidt Lagares, do departamento de Didáctica, e Enrique Alcorta Irastorza, responsable de Arqueoloxía e Historia.

As numerosas festas romanas consagradas aos deuses, cos seus mitos e ritos, centraron nesta ocasión a actividade dirixida a un grupo de rapaces de entre oito e 14 anos, cunha clase práctica que consistiu na creación dun calendario romano, unha ferramenta para medir o tempo con notables particularidades respecto aos almanaques de hoxe, segundo salientaba durante a clase Enrique Peñalver: «Ahora tengo una nueva referencia para medir el tiempo», explicaba onte este mozo, que hoxe cumpre 12 anos segundo o sistema de medición actual, en relación ás calendas, nonas e idus con que se indicaban os días de cada mes no tempos de Rómulo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios