jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Humanidades prepara una versión semipresencial de su título para 2014-2015

A facultade de Humanidades traballa nunha modificación do grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural para ofertalo na modalidade semipresencial, conxuntamente coa presencial, para o curso 2014-2015. O ensino online é unha das posibilidades que a Consellería de Educación sinala para as titulacións que non alcanzan o mínimo de alumnado que a Xunta esixirá a partir do curso 2015-2016, que será de 45 novos estudantes en campus periféricos, como o de Lugo, e 50 nos campus centrais.

O plan de estudos da titulación semipresencial non variará con respecto ao grao que xa se oferta en modalidade presencial, pero aínda así ten que volver pasar varios trámites burocráticos. Porén, a decana do centro, María Isabel González Rey, confía en que, tratándose de modificacións menores non precisen dun trámite tan longo coma un título de nova implantación.

Consiga AQUÍ la información completa

Humanidades prepara una versión semipresencial de su título para...
Comentarios