''Houbo moitas visitas, mesmo de maiores que lían as cartelas''

ADE1801P115F1.JPG
photo_camera ADE1801P115F1.JPG

Tivo moitas visitas a exposición?

Moitas, veu xente de todas as idades, mesmo bastante xente maior que, ademais, prestaba moita atención e quedaba a ver os vídeos.

Foi a primeira mostra de arte contemporánea en Lugo. Esperaba, realmente, esta acollida?

Esperaba que tivese éxito porque, á súa vez, organizábanse moitas actividades educativas, o que supoñía que todo o público tiña acceso tamén a unha visita guiada. Eran obras difíciles de achegar ao gran público pero, aínda así, era sorprendente ver como moita xente botaba tempo na sala e todo o mundo lía as cartelas.

Cantas obras había na exposición?

Eran dezaseis obras de dezaseis artistas. Entre eles, Antonio Murado, Manuel Vilariño, Carme Nogueira... Había obras representativas de todos os medios de expresión, mesmo catro vídeos.

Que lle parece que o Mihl deixe de acoller arte contemporánea?

É unha mágoa xa que esta arte non se achega ao gran público. O MIHL é un espazo excelente, cunha arquitectura renovadora, que non se debera limitar a mostras permanentes e estáticas.

Comentarios