''Hay que reservar porque se prepara expresamente ''

Azucena Peña (Foto: EP)
photo_camera Azucena Peña (Foto: EP)

Azucena Peña, xerente do restaurante Lubre, que ofrece ata mediados de marzo cocido da Fonsagrada.

Ata cando ofrecen o cocido?

Nós ofrecémolo desde novembro, pero a época forte é agora, cerca do Entroido. E seguirémolo tendo ata mediados de marzo, aproximadamente.

Como é o seu cocido?

Facemos o cocido da Fonsagrada, que leva cachola, lacón, soá, butelo, chourizos, garbanzos, cachelos e grelos. Todo da Fonsagrada, menos os garbanzos, claro.

Cal é o segredo dun bo butelo?

Costela de boa calidade e que a tripa estea moi limpiña, senón cando o coces non dá bo olor. Os que poñemos nós son de primeira calidade, feitos con toda confianza.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios