''Hai que insistir en la supresión de barreras en el rural''

Manuel Piñeiro, 'Pallín' (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Manuel Piñeiro, 'Pallín' (Foto: Xesús Ponte)

MALIA QUE é un firme defensor do traballo en equipo, Manuel Ignacio Piñeiro Piñeiro, máis coñecido como ‘Pallín’, ten un indubidable protagonismo na loita pola supresión das barreiras ás que se enfrontan as persoas con diversidade funcional. Este veciño de Outeiro de Rei, presidente de Auxilia Lugo, leva máis de 40 anos traballando nese eido como voluntario, un labor ao que anima a sumarse á xente nova. «Empecei a axudar en cursos en Lugo do cura Jesús Mato aos que viñan moitas mulleres do rural con problemas de discapacidade, conciencieime e dende aquela sigo como voluntario», lembra dos seus comezos.

Nestas últimas décadas, segundo subliña, avanzouse moito na sensibilización. «Hai 40 anos, se alguén tiña un problema poñíanlle un alcume e tratábano como un inválido», recorda, e engade que agora hai máis conciencia de que calquera pode padecer algún tipo de discapacidade e de que o importante é axudar a desenvolver as capacidades de cada persoa.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios