''Haberá xogos populares, fútbol precario e foliada''

Felipe Vázquez, membro da Liga Estudiantil Galega, que organiza os actos da Festa da Terra

Con que motivo organizan a Festa da Terra?

A festa faise polo Día da Terra e a Liga Estudantil Galega, co apoio da Vicerreitoría de Estudantes, organízaa coa idea de concienciar sobre o efecto que a nosa especie ten sobre o medio ambiente, intentando xuntar actividades reivindicativas e educativas con outras de carácter máis festivo.

Onte houbo unha charla do xuíz Luís Villares sobre a catástrofe do Prestige. Hoxe tócalle ás actividades festivas?

Si. Farémolas debaixo da cafetería da Politécnica. Empezamos ás 16.00 horas con xogos populares e ás 18.00 horas teremos un 3x3 de fútbol mixto e precario, con porterías móbiles. Deste xeito queremos recordar, xa que van ser as eleccións a reitor, que o campus de Lugo non ten instalacións deportivas propias. Ás 20.00 horas teremos festa rachada cunha foliada popular. Aquela xente que axude a amenizar a festa con instrumentos musicais será correctamente recibida con empanada e viño.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios