''Me gusra escuchar el rock duro de AC/DC y de Metallica''

Eugenio Otero (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Eugenio Otero (Foto: Sebas Senande)

CINCO MIL alumnos pasaron xa polas súas mans na actual facultade de Formación do Profesorado. Eugenio Otero Urtaza chegou a Maxisterio en 1979 e xa vai pola promoción número 35 sempre, ou case sempre, ensinando a mesma materia: Historia da Educación.

Este pedagogo, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, séntese lucense aínda que o seu carné revele que naceu en Pontevedra, de onde herda o apelido vasco materno (asentado en Adina, ao lado de Portonovo, desde o século XVIII). «Son lucense, aínda que nacera en Pontevedra. Con 14 anos xa viña ao San Froilán, pero tamén aquí tiña tías e a familia de meu pai era de Monforte. Levo en Lugo xa 35 anos e o feito de quedar aquí non me desconectou do mundo porque asistín a moitos congresos por toda Europa e Sudamérica e relacioneime con moitas figuras importantes», afirma.

Un exemplo de que vivir en Lugo non lle pechou as portas do coñecemento é que este catedrático -que dirixe agora o primeiro grupo de investigación residenciado na facultade, Edunartex (Educación, natureza, arte e excursionismo)- recibiu en 1990 o primeiro premio nacional de investigación educativa, concedido polo Ministerio de Educación.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios