A grandeza do sinxelo

(Foto: Pepe Álvez)
photo_camera (Foto: Pepe Álvez)

eu son amigo de Miguel Fanego e, se tivese que definir un rasgo da súa traxectoria vital, situaríao na gran querencia por don Ángel Fole, de quen fala con devoción e co que se relacionou personal e profesionalmente ao longo de moitos anos. Miguel, en vida de Fole, era linotipista de El Progreso.

Tal nos contaba hai uns días nun recoñecido establecemento hostelero da Rúa Nova: «A don Ángel tembláballe o pulso, tiña letra dificil; pero eu entendíalla ben»; «falaba galego e queríalle á terra». E, como non, a anédocta: «Bromeaba Bocelo: Don Ángel, deme uno de esos puros. Non, que son para Miguelito» .

Nos tempos de hoxe, a présa e a tensión teñen lugar primixenio e mesmo corrompen o valor da serenidade; non é o caso de Miguel, o camiñante empedernido das rúas tranquilas de Lugo, que sempre atopa tempo cando, cada poucos metros aparece o amigo, para a conversa animada na que están os aspectos ledos do cotián. Iso chámase a grandeza do sinxelo.

Comentarios