''Las flores de Bach son muy efectivas en las mascotas''

Manoli Rodríguez (Foto: I.M.C.)
photo_camera Manoli Rodríguez (Foto: I.M.C.)

Manoli Rodríguez, vocal da asociación GuauMiau, que organiza un curso de terapia natural para animais.

En que consiste o curso que van facer sobre terapia natural para animais?

Trátase dun curso de nivel 1 sobre a aplicación das flores de Bach en animais. Son 38 flores que descubriu o doutor Bach e cuxas esencias se aplican segundo que síntomas haxa.

Que se aprenderá?

Desenvolveremos un temario sobre as flores e as súas indicacións. Despois faremos prácticas.

Cantas prazas hai?

Sete. O curso farase o próximo sábado, en horario de mañá e tarde, no centro cívico Uxío Novoneyra e impartirao a quiromasaxista Julia García Aladro.

Canto custa a inscrición?

Cincuenta euros. A inscrición pode facerse no 639 739043.

Como se toman estas esencias florais?

Disoltas en auga. Actúan tanto a nivel físico como emocional.

Son efectivas en animais?

Como en persoas, moito. Isto non quita a terapia convencional, é complementaria da outra.

Tamén a nivel emocional?

Si. Os animais teñen medos e traumas igual cós humanos. Con estas flores, trabállanse as emocións.

Empréganse xa en Lugo?

De momento, só unha clínica veterinaria as utiliza.

Comentarios