Casa Pardo reabriu recentemente o restaurante e a cafetería. ¿Que ofrece?
Temos unha carta bastante ampla, pero as especialidades son callos á galega, cordeiro leital asado e bacallau á portuguesa.
¿Teñen menú?
Menú do día pola semana non, pero as fins de semana temos dous menús bastante elaborados, de dous prezos, un de 15 euros e outro de 22.
¿Abren tódolos días?
Si, tanto o restaurante como a cafetería funcionan tódolos días, tanto ao xantar como á noite.