Farruco Sesto, exministro chavista, hablará en Lugo del socialismo bolivariano

Outeiro e Naveiro, onte na presentación das xornadas. (Foto: EP)
photo_camera Outeiro e Naveiro, onte na presentación das xornadas. (Foto: EP)

O galego Farruco Sesto Novás, exministro de Cultura e de Vivenda con Hugo Chávez, ademais de Ministro para a Transformación Revolucionaria de Gran Caracas ata 2013, será un dos relatores das xornadas que preparan a área de Cultura da Deputación, a Aula Castelao de Filosofía e o Grupo Doxa, tamén de filosofía, para a última semana deste mes e a primeira de maio.

Baixo o título ‘Alternativas para o cambio: novos camiños nun mundo a construír’, varios conferenciantes analizarán aspectos como as reformas lexislativas que dificultan as protestas sociais, o feminismo, os movementos cidadáns de protesta xurdidos nos últimos anos e tamén a experiencia venezolana, «que tan mal presentan en xeral os medios españois, con moitos prexuízos e moita animadversión previa a Latinoamérica en xeral e a Venezuela en particular», opina Xoán Carlos Naveiro, coordinador do Grupo Doxa en Lugo e directivo da Aula Castelao.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios