Expertos conclúen que as políticas da era autonómica foron ineficaces

Público nun momento das xornadas de Galiza Sempre, celebradas na sede da Deputación. FANY
photo_camera Público nun momento das xornadas de Galiza Sempre, celebradas na sede da Deputación. FANY

Oportunidade desaproveitada, proxecto inacabado ou orientación errónea de esforzos foron os termos máis utilizados na xornada organizada en Lugo por Galiza Sempre para analizar os 35 anos de autonomía e as súas consecuencias. Expertos dos ámbitos económico, político, xudicial e cultural reuníronse para analizar as consecuencias das políticas da era autonómica e concluír que foron insuficientes e ineficaces para aproveitar as potencialidades de Galicia e para preservar a calidade de vida da poboación.

Entre todos debuxaron un panorama desolador, pero ofreceron claves para reconducir a situación. Todas pasan polo recoñecemento da diversidade como un factor positivo e a atención á realidade social á hora de deseñar as políticas de desenvolvemento e benestar.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios