Xosé Anxo Lage: ''Yo reduciría a la mitad el gasto del gobierno y eliminaría o los asesores''

Xosé Anxo Lage. (Foto: Alba Castro)
photo_camera Xosé Anxo Lage. (Foto: Alba Castro)

Di que nunca se marchou, que como moito estivo nun segundo plano, pero o certo é que Xosé Anxo Lage volta con forzas renovadas e ao mando en Lugo dunha nova organización de centro-esquerda, CxG, coa que espera axudar a recuperar o crédito na clase política.

Lage segue a falar con esa sabia pausa do que tenta non morrer pola boca, aínda que semella seguir tendo as cousas tan claras como cando decidiu, xunto a un puñado de compañeiros de Máis Galiza, abandonar o BNG e aventurarse nun novo proxecto político que chegou en cueiros a súa primeira cita electoral, pero que quere consolidarse nas municipais.

Acaba de ser elexido secretario local de CxG. É este o retorno do fillo pródigo?

Hai cousas que un non abandona nunca, como pode ser a política ou a afección polo fútbol ou a gastronomía. Deixei de estar nun primeiro plano, pero sempre me mantiven dentro do mundo da política, aínda que nun segundo plano, despois das municipais. Logo constituíuse Compromiso por Galicia e agora o que fixemos é darlle un impulso á organización e, no caso da comarca de Lugo-centro, facer unha estrutura e nomear unha directiva que presentaremos o vindeiro día 29, no hotel Méndez Núñez, coa presenza de Xoán Bascuas, secretario xeral de CxG.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios