''Este año tenemos como novedad clases de pilates''

ADE2308P114F1.JPG
photo_camera ADE2308P114F1.JPG

Conchita Pintos, coordinadora das Aulas de Formación para Adultos, que abre a matrícula deste curso

¿Qué cursos ofrecen nas Aulas de Formación para Adultos?

Este ano temos como novidade clases de pilates, pero temos de todo; ximnasia, cursos para exercitar a memoria, informática, pintura con oleo e acuarela e manualidades en varias disciplinas como traballo con cristal, madeira, restauración, acrílicos, cestería...

¿Ata cando se poden matricular?

O trece de outrubro comezan as clases, ata ese momento pódense matrícular, pero aconsello que o fagan antes porque hai certas actividades que teñen límite de prazas. Para matrícularse teñen que acudir ó Fogar de Santa María, pavillón 6, primeiro andar.

¿Canto custan as actividades?

Só se paga no momento de realizar a matrícula. O precio da incripción é de 65 euros e despois varía en función do número de horas, pagando 20 euros por cada hora semanal. Así, se alguén se apunta a ximnasia, que son dúas horas á semana, tería que pagar os 65 máis 40 euros. Sae moi económico porque os cursos duran ata maio.

¿Desde que idade se poden apuntar?

A partir dos 45 anos xa poden participar.

Comentarios