La EPS lleva formados 400 titulados en Ingeniería Civil y Topografía

Jaime Rodríguez, Javier Bueno e Alberte Castro. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Jaime Rodríguez, Javier Bueno e Alberte Castro. (Foto: Pepe Tejero)

A Escola Politécnica Superior leva formados arredor de 255 titulados en Obras Públicas -unha enxeñaría técnica que agora se denomina grao en Enxeñaría Civil- e 155 en Xeomática e Topografía -o grao que antes se coñecía como Enxeñaría Técnica en Topografía-, nos dez anos que leva implantada no campus de Lugo, tempo no que saíron oito promocións. Con motivo desta efeméride, o centro iniciou unha serie de actos de celebración que darán comezo esta semana.

O director da EPS, Javier Bueno, recoñeceu que estas titulacións tiveron nos seus primeiros anos unha demanda que multiplicaba a oferta de prazas dipoñibles, pero que nos últimos tempos rexistraron unha merma sensible na súa matrícula. Para Bueno, esta caída é «coxuntural», ligada ao descenso da obra publica por mor da crise, e está convencido de que «revertirá en canto a economía española supere esta fase».

O primeiro acto será este venres

Os actos iniciaranse este venres, ás 18.30 horas no salón de actos da Politécnica, cun relatorio a cargo de Vicente Gómez sobre os viadutos singulares de plataforma ferroviaria en Galicia. Continuarán o día 13 cun acto institucional conmemorativo da implantación de Enxeñaría Civil -o acto oficial de Xeomática será en marzo- . A sesión inclúe un relatorio sobre as pontes romanas en Galicia a cargo de Manuel Durán, que dirixiu a rehabilitación da ponte romana de Lugo. O 21 de febreiro, Carlos Fernández falará sobre a Edar de Lagares, en Vigo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios