Entregados al Raf

O raf é un tomate de inverno. Véndese ben nas tempadas de frío porque ten a pel máis fina e máis sabor que o tomate do país, motivo polo que moitos consumidores obvian o seu elevado prezo e prefiren mercar esta variedade que a habitual de ensalada. Non é o máis recomendable para salsas porque ten zume pero non suficiente, pero é perfecto para comer só ou como gornición dun prato, regado só con aceite de oliva e cunhas areíñas de sal. O Raf soe conservar ese sabor característico do tomate que tanto se bota en falta nos meses fríos, cando os de invernadoiro non logran imitalo. Os interesados atoparán moi curiosa a orixe do seu nome. Raf responde ás siglas de Resistente a Fusarium, un tipo de fungo. O feito de que contara con esa resistencia foi precisamente o que estendeu o seu cultivo.

Un quilo 3,90

   

Cabra, todas as preparacións

As cabras teñen boa saída estes días na Praza. Trátase dun peixe que admite todas as preparacións, do forno á grella. Véndese a 9,90 euros o quilo.

     
   

Churrasco, con menos mellor

O máis axeitado á hora de mercar costela para churrasco é pedila con pouca carne. Deste xeito precisa de pouco tempo para facerse e evítase que non estea ben cociñada por dentro, como ocorre coas pezas moi cheas.

 

Prezos no mercado de Lugo
CARNICERÍA     FROITERÍA  
= Solombo 18   Fresa 3,75
= Año 18   =  Laranxa 1,50
= Peituga 7,50   = Mazá 1,20
= Bisté 10,80   = Plátano 1,90
PESCADERÍA     HORTALIZAS  
Ollomol 15,50     Xudía 3,50
= Chincho 4,90   = Leituga 0,70
Rapante 10,90    Tomate 1,90
Bertorella 8,90    Pemento 2,50

Comentarios