Las elecciones estudiantiles no tienen aspirantes ni votantes

A universidade parece estar a sufrir un proceso de desmobilización que afecta a todos os colectivos. Se o pasado 2 de decembro se deu unha clara mostra de falta de compromiso no claustro da USC, ao que faltou a metade dos seus compoñentes na votación do proxecto de novos estatutos, o 3 de decembro foi o colectivo estudantil o que deu a entender que as urnas non lle son atractivas. As eleccións a representantes nas xuntas de centro estaban convocadas en 25 facultades e escolas da universidade, pero sólo en 10 deles houbo máis candidatos que prazas dispoñibles, dous deles no campus de Lugo (escola Politécnica Superior e Ciencias). Foi únicamente nestes 10 centros onde houbo que sacar a aparataxe electoral, porque no resto os candidatos pasarán automaticamente a convertirse en representantes dos alumnos, e quedarán prazas libres.

A participación andivo na tónica de convocatorias anteriores, se non foi peor. A falta de datos oficiais, no caso de Escola Politécnica Superior, por exemplo, media hora antes de pechar as mesas só votaran 15 persoas, cando hai 59 candidatos —cinco deles dos Comités Abertos de Facultade e o resto independentes— para 50 postos e o censo ascende a 1.617 alumnos.

A falta de implicación nótase tamén no terceiro ciclo, que ten representantes propios. Neste caso, só foi necesario facer votacións no caso de Ciencias Políticas, en Compostela —a única que tivo que facer votacións nos dous casos—, e na facultade de Medicina, onde só as houbo precisamente neste grupo.

Na facultade de Ciencias presentárose 21 candidatos para 16 postos; un deles dos CAF e ningún para terceiro ciclo, e a participación foi tamén baixa.

Entre as que non tiveron necesidade de sacar as urnas están a Escola de Profesorado, onde se presentaron cinco candidatos,; e ningún en terceiro ciclo; Administración e Dirección de Empresas, con 11 aspirantes e ningún en terceiro ciclo; 8 na facultade de Humanidades, sin representación tampouco no de terceiro ciclo; e 22 en Veterinaria, tamén deserto no caso de estudantes de doutoramento.

A proclamación de candidatos farase o día 9 e a lista definitiva, despois de reclamacións, o 18.

Comentarios