''Es un libro que invita a la reflexión ya desde el título''

Laura Aneiros (Foto: J. Vázquez)
photo_camera Laura Aneiros (Foto: J. Vázquez)

Laura Aneiros, escritora debutante coa novela ‘Mi vida en tus manos’, que presenta mañá en Lugo

Por que se decide a publicar unha novela?

Dende nena sempre fun unha gran lectora e desfrutei cos libros, e un día dixen, por que non podo poñer nun papel as personaxes da miña imaxinación? De aí saíu este primeiro libro.

Cal é o argumento?

A protagonista é unha rapaza que só vive para o seu traballo e desatende o plano afectivo. Pero un día ten unha experiencia paranormal que lle supón un punto de inflexión para reorganizar a súa vida e reflexionar sobre o efímera que é.

É un libro de autoaxuda?

É unha novela de ficción, pero dalgún xeito invita á reflexión xa desde o propio título.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios