Y para remar... el río Miño

Novas promesas do piragüismo lucense (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Novas promesas do piragüismo lucense (Foto: Pepe Álvez)

nuns anos, a xente nova que onte á tarde remaba no río á beira da Escola Lucense de Piragüismo poderá participar no Descenso do Miño, unha das citas máis importantes -vai na edición 55- dun deporte que repunta na provincia, con sete clubes federados e padeeiras como Tania Fernández.

Con idades de 8 a 16 anos Emma, Alicia, María, Jessica, Rocío, Susana, Pilar, Carlos, Alonso, Adrían Díaz, Adrián González e Paulo integran un grupo de categorías base que adestra cada semana Lorena Jubón, unha moza «guapa e moi lista» -puntualiza un dos alumnos- que conta cun amplo currículo en competición. Así, caladiños, na foto ata inspiran tenrura pero todos xuntos e río abaixo... ¡meten medo!

Aos poucos algúns deles e como no seu día fixeron a propia Lorena ou Ana Valín tomarán o relevo dunha ampla nómina de profesionais lucenses na que xa ninguén esquece a Ramos Misioné, Chilares, Pedro Cuesta, Valladares, Perurena ou Demetrio; unha longa lista donde tamén están David Castro, Diego Álvaro Cabello, María Losada e un senfín que deixarían curto este artigo.

Como a eles, á rapazada que vén aquí á beira o que lle gusta son «as regatas», segundo coinciden Carlos, Emma, Rocío ou os dous Adriáns. No caso de Diego, á afección pola velocidade pódelle a sensación de deslizarse polo Miño «xunto ás árbores, na natureza».

Jessica xa conseguiu varias medallas na Liga provincial, do mesmo xeito que Susana, Emma, María ou Diego. Xunto aos demais integrantes das categorías de base todos gozan dunha paixón que consideran como «a mellor» das actividades extraescolares posibles.

Xa sexa para pasar o rato ou con miras a estar en probas do Galego e do Nacional saben que no río, como ao estudar, a constancia e o esforzo teñen premio.

Comentarios