Dos proyectos del campus, entre las cinco ideas premiadas por la USC

Arriba á dereita, Ana María Pesqueira, e diante dela, Francisco García, na entrega dos galardóns. (Foto: EP)
photo_camera Arriba á dereita, Ana María Pesqueira, e diante dela, Francisco García, na entrega dos galardóns. (Foto: EP)

Entre as cinco ideas emprendedoras premiadas con 600 euros pola USC no XIII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras, hai dúas que proceden do campus de Lugo. O xurado seleccionounas de entre un total de 404 propostas, o maior volume de participación rexistrado nas trece edicións. As iniciativas lucenses consisten nun kit para detección rápida de patóxenos en cultivos, presentado pola doctora da Escola Politécnica Ana María Pesqueira, e unha consultoría no eido alimentario para desenvolver estudos sensoriais e de percepción do consumidor, dirixido pola doutoranda da facultade de Ciencias Maruxa García.

A idea de Ana María Pesqueira xurde do seu traballo no laboratorio de Patoloxía Vexetal que dirixe Cristina García Cabaleiro. Na actualidade, as probas de laboratorio para saber se as sementes de pata, xudía ou vide están afectadas por algunha virose son costosas e longas. Fannas centros dependentes das administracións, como as deputacións, e os agricultores non teñen os resultados ata bastante tempo despois, moitas veces cando xa se fixo a plantación, o que ocasiona un gasto engadido porque hai que levantala.

REPRESENTACIÓN
O 64% das ideas eran de mulleres

Nesta ocasión, a convocatoria pretendía incidir no fomento de inquedanzas emprendedoras entre a comunidade feminina das universidades galegas. Do total de propostas recibidas, o 64 % presentáronas mulleres, mentres que no que respecta á vinculación universitaria o 73% das ideas proceden de estudantes que cursan estudos nalgunha das tres universidades galegas. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios