Dignificador de la formación profesional

ELP0904P56F1.JPG
photo_camera ELP0904P56F1.JPG

A MIÑA primeira clase de matemáticas en Maestría (Instituto Politécnico de Lugo) foi con Celestino Mendaña. Daquela etapa da miña vida gardo moi bos recordos. Tanto Tino como os seus compañeiros de profesión traballaban para formar a profesionais pero tamén a persoas. Co paso dos anos Tino Mendaña segue sen perder a paciencia, sabe escoitar, e sobre todo é un gran conversador. Persoas coma el dignificaron a formación profesional que hai anos tiña pouca valoración social pero que hoxe son recoñecidos como estudos de futuro e con saídas laborais. Se non existise ensinanza pública e profesores como Tino Mendaña e outros docentes de Formación Profesional, a moita xente coma min pecharíansenos as oportunidades de acceder a unha formación superior e de ser aquilo que sempre soñamos. Eu podo dicir que gracias aos consellos, á compresión, á dedicación e ás boas maneiras do equipo de profesores e profesoras de Maestría, para os que viñamos do rural, foi moito máis doado saír adiante. Gracias Politécnico.

Comentarios