A demanda para avaliar competencias laborais supera a oferta dos centros

Imaxe de arquivo dunha proba nun instituto de FP. (Foto: EP)
photo_camera Imaxe de arquivo dunha proba nun instituto de FP. (Foto: EP)

A maioría dos ciclos que se ofertan nos dous centros integrados de Formación Profesional da capital lucense para acreditar por libre competencias profesionais rexistraron este ano máis demanda que prazas ofertadas. As probas teñen como fin acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas por outras vías non formais de aprendizaxe, como a propia experiencia laboral. Deste xeito, alguén que aprendeu un oficio por libre e pode demostrar experiencia ten a posibilidade de obter un recoñecemento oficial das súas aptitudes.

No centro integrado As Mercedes, que realizará as probas por primeira vez este curso, superouse o número de prazas -20 en cada caso para o ciclo completo, aínda que se poden facer unidades ailladas- nos ciclos medios de Instalacións Frigoríficas e de Climatización e Instalacións de Producción de Calor. Porén, non se chegaron a cubrir no de Carrozaría e no de Electromecánica de Vehículos Automóbiles.

PROBAS
O proceso ten varias fases

As probas inclúen varias fases. A primeira consiste no asesoramento no propio centro, para axudar a recompilar a documentación que acredita a formación ou a experiencia laboral que se afirma ter e un test de autoavaliación.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios