lunes. 17.01.2022 |
El tiempo
lunes. 17.01.2022
El tiempo

Debemos andar xa pola nebulosa de Andrómena, porque vexo todo cuberto!

FOMOS ATA Duarría prá deixar unhas preces e uns caraveis na sepultura de don Xosé Trapero, co gallo do seu dezanove cabodano. Crin que Pelúdez botaría tamén algunha bágoa, como xa fixo o outro día, pero desta volta mantívose máis enteiro, se cadra por ter chorado antes.

... pola nebulosa de Andrómena -Agarda un pouco máis por nós, Trapacero. Mentres haxa cienfalópodo, hai esperanza!

-Es ordinario ata a externuación! Como lle falas de xantar ao pobriño de don Xosé? - censúralle a muller.

-E por que non? A el ben que lle gustaba, aínda que co viño era tan escaso coma o entrenador do Dépor.

-Que entrenador?

-Aquil tan sonado. Como se chamaba? Ah, si! Abstemio Iglesias!

Coa viaxe chegamos a Lugo cando xa avanzara o programa, pero a parella dos máis novos encargouse de levar os nenos a Djuggledy e á Festa do Antonio Gandoy.

-Pasámolo de rechupete - infórmanos a Vanesa -. O Jarrison sae ao avó, porque andivo metido entre todos os xoguetistas. Non coma o pai, que prás actuacións diante do público é máis apoucado.

-Apoucado eu? - protesta o Peludeciño - Querrerás dicir que non estou tan tolo!

-Chámaslle tolo ao teu fillo?

-Veña, veña; non rifedes por unha feromona de máis ou de menos - terza a Filo -. Nesta familia sempre fomos coma os tres moscateleiros: Todo para un, e nada prá todos. Imos ás barracas, que logo querreredes escoitar a Banda Municipal Xuvenil de Rábade y Begonte e mailos Star Dance.

-Ás barracas, ás barracas! - brada o pícaro.

-De acordo - acepta o avó -, pero tede en conta que entre o bus e os caraveis do Trapacero, quedei sen un can.

-Convido eu - ofrécese a Reborita.

-Daquela, érguese a sesión!

Antes de chegar ao feiral xa se escoita a salmodia do tomboleiro:

-Todos los números salen. Todos los premios tocan...

-Hai que ver este home... Todos os anos dicindo o mesmo - comenta a Filo.

E Pelúdez:

-E que lle queres? É o mesmo traballo cos políticos. Se non din unha e outra vez que con eles todo vai ir mellor, non lles mercan a papeleta, quen no seu caso é o voto. Imaxinádevos que o home cantaruxara: «Suxeitade ben os cartos... Que hoxe aquí non toca...» Non vendía nin a primeira!

Coa lección política do home ben adeprendida, a Reborita mércalle un aldodón de azucre ao mozo e collemos entradas prá un deses estaribeis que dan voltas polo aire e no que, non sei como, entramos todos.

-Nestas ocasións é coma mellor podes aprezar o que sinte un cosmonauta que vai cara á Lúa.

Daquela acende o cachifallo e a familia voa a gran velocidade, de tal xeito que o adogón do neno escapa do pau e vai dar contra da faciana do avó, onde queda apegado coma unha carauta de la.

-Ai ho! Debemos andar xa pola nebulosa de Andrómena, porque vexo todo cuberto! - di Pelúdez.

Jarrison vóltase e de catro mordedelas remata co algodón.

-Así moito mellor. Xa que fago a miña primeira viaxe interplanetaria gustaríame contar algo do que vin cando regrese.

Baixa e non conta res, porque tiñamos o tempo xusto prás actuacións musicais que aínda quedaban.

-Polo que teño sabido - di o home cando escoitamos a orquestra Buena Vista Social Club no Seminario -, mañá vai vir co Progreso unha guía de Lugo asinada por vostede.

-Está ben informado.

-Queríalle preguntar unha cousa, se mo premite.

-Ten a venia.

-Como se pode escribir do Lugo invisible, se é algo que non se ve?

-Home, Pelúdez! Tampouco vostede víu nunca voar a un ranchiño. Verdade que non? Pois agora peche os ollos e pense nun. Que ve?

O festeiro obedece e cando volve a abrilos corre con moito entusiasmo onde está a muller:

-Filo! Filo! Vin un porco voando!

-Xa recaíches no ELESEDRÉ, ou?

-Vinno coma te estou a ver a ti.

-Pois mira proutro lado, que eu non quero saber nada de drojas nin de cochos.

E así foi pasando a noitiña.

Debemos andar xa pola nebulosa de Andrómena, porque vexo todo cuberto!
Comentarios