De gaiteirada coa panda

ADE2408P73F1.JPG
photo_camera ADE2408P73F1.JPG

A GAITA e a percusión xuntan tódalas semanas nun taller da rúa Alba, na Piringalla, a máis de medio cento de rapazas e cativos. Teñen de catro a 17 anos e tocan na banda infantil Devandoira, unha agrupación musical que actúa coa xente máis nova de todo o panorama musical galego.

Hai xa tres anos e medio que botou a soar oficialmente a música deste colectivo que adoita actuar polas festas do San Froilán, en barrios da cidade como A Milagrosa, Albeiros ou O Castiñeiro e desde este ano tamén acompañando nas procesións da Semana Santa.

Con catro anos comezan coa percusión, aos cinco coa gaita e aos sete a debanar os sons xa con actuacións en público. «Os maiores miran polos pequenos e estes síntense arroupados polos seus compañeiros», indica o seu director, Carlos Lorenzo Lemos.

O repertorio baséano na música tradicional galega, con chiscadelas aos sons tradicionais do Eixo Atlántico e mesturando pezas bretonas, irlandesas, escocesas e arranxos de bandas sonoras.

Devandoira conta con escola de música e ten aberto o plazo de matrícula ata o 30 deste mes en [email protected] Os ensaios duran unhas dúas horas os sábados e as clases teóricas son de algo máis dunha un día á semana, segundo as idades.

O seu nome provén da acepción -con v- de debandoira, nun xogo de verbas que toma como imaxe o aparello que se empregaba para desenvolver os fíos dunha madeixa e identificando o significado útil desta palabra coa habilidade da cativaría para desentrañar os segredos da música antes de presentalos ao público. É tamén curioso que en vez de traxes rexionais lúcenos semellantes aos das bandas de música.

Porque o que máis lles gusta, din, é «ir de gaiteirada» coa súa panda de amigos, sen máis folclore.

Comentarios