''De las mujeres envidio su memoria, ¡se acuerdan de todo!''

O piloto lucense Pedro Burgo sitúase de novo como aspirante ao campionato galego de rallyes

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

Estar participando nas carreiras é o que máis me gusta e o que menos, o traballo antes da tempada, buscando patrocinadores.

2. Se volvese empezar, adicaríase a...

Ao mesmo.

3. O soño que máis se repite é...

Poder seguir competindo moitos anos a un bo nivel.

4. ¿Estraña algo do que ten deixado atrás?

¡O pelo!, ¡je, je!

5. ¿A quen admira?

Aos meus amigos, que levan moito tempo dándoo todo por min a cambio de nada.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Algunha cousa si que hai, pero non debo contala... Ademais non hai moito diso...

7. ¿Que cita subscribiría?

‘Tódolos homes somos iguais, pero uns máis que outros’.

8. ¿Votou nas últimas eleccións?, ¿atrévese a dicir a quen?

Iso gárdomo.

9. ¿Que coche ten?

Teño un Mercedes.

10. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Unha moto de auga.

11. ¿E o seu ben material máis prezado?

O meu Focus de carreiras.

12. Unha toleada que fixera por amor...

Por amor, ningunha cousa é unha toleada, todas están xustificadas.

13. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Non lle perdoaría a infidelidade.

14. ¿Teñen algún pacto?

Si, moitos.

15. O máis difícil da convivencia é...

Conseguir non caer na rutina.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

A memoria, ¡lémbrase de todo!

17. ¿Que libro ten na mesita de noite?

Ningún, déitome sempre por K.O.

18. Non sae da casa sen...

O meu teléfono.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

A gula.

20. ¿Que é o que nunca falta na súa neveira?

Coca-Cola.

21. Pérdelle un bo...

¡Café Candelas!

22. Séntese cómodo vestido con...

Vaqueiros.

23. ¿Que calzado lle gusta levar en cada ocasión?

Sempre que se poida, unhas deportivas.

24. Unha peza que deteste...

A gravata.

25. As mellores vacacións da súa vida foron...

Están por vir. É que ata o de agora non tiven demasiadas...

26. A súa viaxe soñada sería a...

Uns días nunha illa deserta coa miña moza, Marian. Sen ruídos, sen coches e, sobre todo, sen teléfonos.

27. A paisaxe que máis o impresionou...

Os canóns do Sil.

28. Un libro, unha película e un grupo musical.

‘Rebelión na granxa’, ‘La vida es bella’ e Huecco.

29. ¿A súa materia pendente?

Seguir conservando os meus amigos.

"COMPETIR NON É O MÁIS IMPORTANTE DA MIÑA VIDA"

 

1.  Pode presumir de ser o piloto que máis veces gañou o Rallye San Froilán, ¿ten algo que ver neste fenómeno o feito de que vostede é de Lugo?

Non ten nada que ver o feito de ter nacido e de vivir en Lugo, algo que tampouco supón vantexe ningunha á hora de competir, pero si é algo moi especial por ser o da casa. Sobre todo, a primeira vez que o gañei sentinme moi ledo, ¡era o primeiro lucense en telo conseguido!

2. Tanto no seu caso como no do tamén lucense Sergio Vallejo, levan como copilotos aos seus respectivos irmáns, xa abonda coa casualidade...

Non o é tanto, porque ¿con quen vas ter máis confianza e seguridade que con teu propio irmán?

3. ¿Vostede e o seu irmán, Marcos, teñen rifado algunha vez dentro do coche, como se foran dous nenos?

Si, ¡ja, ja, ja!, nalgunha ocasión temos rifado e, o mesmo que cando eramos cativos, tamén por cousas sen importancia.

4. Imaxine por un intre que chegaran a súa casa os de BMW ofrecéndolle facer o popular anuncio de televisión «Gústache conducir?». Iso sería sinal de que...

Sen dúbida, sería un sinal de que BMV ten un problema, ¡ja, ja, ja!

5. Falamos de carreiras e de adestramentos, ¿tamén ten vida fóra dun coche?

Por suposto, as carreiras non son, nin moito menos, o máis importante na miña vida.

Comentarios