Cronoloxía dos grelos

DESPOIS DO NADAL hai ganas de verdura e de pratos de culler. O caldo triunfa e na Praza os mazos de grelos véndense con facilidade. A un euro, aseguran a presenza de verde na mesa. É unha verdura perfecta, de tempada e do país, barata e integrada nun prato que gusta á maioría. Pode tamén formar parte dun perfecto prato único: o cocido, ou acompañando aos ovos servir para un revolto. De calquera xeito, trátase dunha verdura versátil e moi apreciada na cociña, que ten ademais a capacidade de estar presente nos meses de inverno en distintas presentacións. A pranta é o nabo e aos primeiros froitos chámaselles nabizas. Acto seguido chegan os grelos, que inclúen todas as follas da pranta e, tempo despois, os cimos. Estes son as follas centrais da pranta, o seu corazón, a parte máis tenra e máis aprezada para os cocidos.

Un mazo: 1 euro

   

Faneca, peixe con sabor

Aínda que non é a variedade máis aprezada, a faneca (6,50 euros na Praza) é un peixe branco, versátil e con máis sabor que outras opcións.

     
          

Pipas na ensalada

Sementes como as de sésamo na ensalada aportan unha dose moi importante de calcio na dieta. Os consumidores interesados en incluír as propiedades deses froitos pero con sabores máis coñecidos poden recorrer ás pipas

Precios en el mercado de Lugo
CARNICERÍA     FROITERÍA  
= Polo 3   = Laranxa 1,25
= Callos 5,50   = Uva 1,60
= Filete t. 9,90   = Mazá 1,25
= Solomillo 18    Plátano 1,80
PESCADERÍA     HORTALIZAS  
  Palo 7,90   = Xudía 3,25
 Merluza 11,50   = Tomate 1,90
= Xurelo 5,90   = Leituga 1,90
Lubina 18,90    Pemento 2,75

Más en Lugo Ciudad
Comentarios