''Contamos con que veñan 800 comisións de toda Galicia''

ADE2212P112F1.JPG
photo_camera ADE2212P112F1.JPG

Que orquestras actuarán mañá no Pazo de Feiras?

Actuarán Tropicana, Stereo, Breixa Band, Acordes e Costa Dorada.

A que hora comezará o festival?

Comezará ás nove da noite e durará ata as catro da mañá. Cada orquestra fará dous pases.

Canto custará a entrada?

Nada, será gratuíta.

Irá moita xente?

Temos convidadas a unhas 800 comisións de festas de toda Galicia e tamén virán 150 representantes de axencias de espectáculos de España e Portugal.

De que puntos de España?

De Asturias, León, Zamora e Navarra, sobre todo.

Haberá restaurante?

Si, e tamén obradoiros de globoflexia e maquillaxe para os nenos.

Leva moito tempo organizando este festival?

Este xa é o oitavo ano e o cuarto no Pazo de Feiras. Outras veces fixémolo no Corgo e en Guitiriz.

Notouse moito a crise no negocio das festas?

Baixaron os orzamentos, pero as festas en si non están en crise porque ségueas habendo. Que pasa? Que onde iban cinco orquestras, agora van catro. Pero unha festa pódese facer só por 1.000 euros (cun dúo e cos gastos da festa incluídos).

Comentarios