Ciencias es optimista

Unha visita divulgativa para preuniversitarios. (Foto: EP)
photo_camera Unha visita divulgativa para preuniversitarios. (Foto: EP)

En plena crise de matrículas universitarias, a facultade de Ciencias atopou este curso motivos para o optimismo. Por unha banda, polo ‘cheo total’ no grao de Nutrición e Dietética Humana, no que se ofertaron 60 prazas de novo ingreso e cubríronse todas. E, por outro, polo incremento no grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais, un título que capacita para a profesión de enxeñeiro técnico industrial, pero que non acada a visibilidade que ten a mesma titulación en Santiago, posterior á lucense.

Neste caso, a matrícula en primeiro alcanzou os 21 alumnos, oito máis que o curso pasado. As cifras seguen sendo moito máis baixas do que esixe a Xunta para as titulacións de campus periféricos, ás que lles pide que ingresen cada ano polo menos 45 alumnos, pero aínda así, a dirección do centro considera que é un bo sinal. O decano da facultade, José Manuel Martínez Ageitos, está convencido de que este grao non é aínda o suficientemente coñecido e confía en que aos poucos se vaia afianzando e incrementando as cifras de ingreso.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios