Fernández Prieto cierra los chats preelectorales de la USC en El Progreso

O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO participou este venres nun encontro dixital en El Progreso / Galiciaé. Durante unha hora, entre 17.45 e 18.45, este candidato a reitor da USC respondeu ás preguntas dos lectores.

Fernández Prieto disputará con Juan Casares Long o vindeiro 24 de maio a reitoría da USC, despois de ser os dous candidatos máis votados na primeira volta das eleccións.

Fernández Prieto pecha desta forma os chats preelectorais, que abriu Casares Long este xoves 13 de maio.

Mudará a situación dos profesores titulares de escola desta Universidade que seguen con unha carga docente de 360 h máis titorías (sexan doutores ou non)?. Cando? Lémbrolle que esta situación xa mudou hai anos nas Universidades da Coruña e Vigo. (ARTURO)

RESPOSTA: E aquí ten que mudar de vez. E un corpo a extinguir para o que debe aplicarse o principio de igual traballo-igual salario o antes posible. Así o recollemos no programa e non pode prorrogarse inxustamente esta situación que ademais supón unha situación discriminatoria con outras universidades, como ben se di.

Que postura adoptan vostedes sobre o paso da Escola de Enfermaría de Lugo a ser xestionada pola USC? Que acontecerá co profesorado que vén impartindo docencia nesta escola adscrita con venia docente do reitor e dende máis de 5 cursos académicos? (IRODPER)

R. A lei impide ter dúas titulacións idénticas en diferentes campus da mesma universidade. A integración é desexable se as condicións son aceptabeis para a USC e nas condicións que marca a lei o que require unha negociación que estamos dispostos a acometer, evidentemente.

Estamos nunha situación na que a universidade vai a pasos axigantados en proceso de privatización (máis inda) e cada vez é menos accesibel para as clases traballadores, converténdose coma sempre no negocio duns poucos. Como valora a posibilidade dunha universidade popular, pública e aberta para todo o mundo? (UMCALQUEIRA)

.R As ameazas de privatización son antigas, os masters a prezos privados na Universidade pública teñen 20 anos. Afortalar o carácter público da universidade nun contexto máis competitivo e de crise require ser máis competentes e eficaces. Ese é o noso compromiso, igual que garantir o acceso das clases menos favorecidas á educación superior, favorecer as bolsas e máis utilizar os nosos servizos (residencias, comedores...) como bens públicos para favorecer o acceso aos menos favorecidos que reúnan as condicións para acceder á universidade.

Desde hace 5 años Casares trabaja por el Cambio. Usted presume de estar por el cambio, pero al final se vio que no era verdad y que unas vicerrectorías bien valen pactar con Barro o Mayán, siempre supeditado al interés y oportunismo político, por encima de la Universidad. ¿Le molesta que le recuerden este hecho? (XAVI)

R Non ho! que me vai molestar. Pero a Historia é máis longa que catro anos (a metade do que o seu admirado Casares leva na Universidade, por certo). Se ollamos dende 1984, o tempo que eu estiven no poder foron 2 anos e medio tentando levar adiante un acordo que intentaba cambiar a universidade. E os outros 25? Eu estiven no Claustro e en Consello de Goberno moitos mandatos e nunca no goberno, todos sabemos onde estivemos todos nos últimos 25 anos. Por que só queren falar dos últimos catro? . Non me arrepinto da experiencia na Vicerreitoría. Funme cando vin que as ansias de cambio non podían coas da continuidade. Dixen que propiciaría unha candidatura e aquí estamos. Non creo no pecado orixinal senón no debate e nas propostas.  O que si apreciei é que errei na forma de explicalo despois de marchar, evidentemente.

Sr. Fernández Prieto, vostede indica que a súa candidatura é de futuro, e achaca ao seu opoñente mirar cara ao pasado. A USC ten máis de 500 anos de historia, vai vostede a borrar todo iso? Na historia, está ademais a súa coalición co Sr. Senén e polo tanto cos integrantes do seu goberno, que formaron parte dalgunhas das candidaturas que non pasaron á segunda etapa. Vai vostede renovar esta colaboración a cambio do seu apoio? O equipo que presenta é bastante reducido e di que non vai cambialo, integrará os membros das outras candidaturas nos postos secundarios (asesores, directores de servizo, etc.)? (OPINATOR)

R. Son historiador, a Historia hai que asumila porque non se pode cambiar. O modelo dos últimos 25 anos —que eu non construín— foi exitoso en moitos aspectos e colocounos onde estamos pero está esgotado e non serve para o futuro. Sempre dixemos que non pactariamos. O futuro non pode facerse con receitas vellas nin pactos antigos. Pero quen sexa reitor ten que ter a capacidade de integrar, polo ben da institución, todo o que poida, dende os principios, valores e programa propio que foi o que pasou a 2ª volta. 7 candidaturas de antes non poden dar a un reitor nunha universidade fragmentada. Non abonda con gañar, hai que saber liderar e integrar para poder gobernar

Señor Fernández Prieto, fálalle un alumno da súa facultade, ¿Atopará algunha solución real e concreta para os licenciados que seguimos no plan das licenciaturas para que poidamos optar a una praza no Master do Mestrado na USC sen limite de prazas? ¿Non cre que nós como prexudicados, ao collernos o Plan Boloña polo medio, e tendo en conta que somos alumnos de licenciatura, deberíamos ter as facilidades que tiveron outros ao facer o antigo CAP na USC sen límite de prazas? A solución para isto NON pode ser a universidade privada señor Fernández... Grazas polo seu tempo. (CDLUGO)

R Totalmente de acordo. Anunicieno nun artigo en febreiro do ano pasado na prensa e agora de novo no programa. Non debe aplicarse retroactivamente aos licenciados esta solución e o Mestrado en si pode ter mellor articulación, como dicimos no programa. Tendo en conta sempre que o MESTRADO DE SECUNDARIA é esencial para a formación docnete e debe substituír ao obsoleto CAP. Pero a mellor solución sería como no da Xudicatura ou no modelo MIR facelo despois e non antes da oposición.

Nun dos puntos do seu programa di que vai eliminar a duplicidade de grados, ¿iso significa que vai a desaparecer o grado de ADE en Lugo? Posto que en termos de volume de estudantes é inferior. (ISABELR)

R. Os graos, por lei, non poden duplicarse na mesma universidade. Dicimos que faremos o seguimento —ao que estamos obrigados— dos que se fixeron novos para evitar as duplicidades. Non oh! como vai desaparecer?

Cando di que vai a racionalizar os posgraos ¿significa que vai eliminar todos aqueles que estean financiados por entes privados? (ISABELR)

R. Digo que terán que ter o número suficiente de alumnos para ser rendibeis. Que saiba, non hai masters universitarios oficiais financiados por entes privados. E se logramos axudas privadas para contribuír a afortalar a universidade pública e con criterios públicos, serán benvidas, claro!

Non é necesario ser pinche antes que chef? O membro da súa equipa proposto como vicerreitor de Política Científica ten un CV investigador moi probe. Pódese consultar a súa produción científica en diferentes bases de datos. Non ten máis de 5 artigos ISI e o seu índice h index non supera o 2. Como vai dirixir e xestionar a política científica unha persoa que aínda non ten méritos dabondo para considerarse un bo investigador? (isto último non é unha opinión son feitos comprobables en Wok e Scopus). (WOK)

R  Revisou vostede por certo o curriculum co que chegaron a esa mesma Vicerreitoría todos os que a ocuparon nos últimos 25 anos? Faga a proba e logo falamos. A xuventude non é un delito. Cúrase coa idade. O entusiasmo non ten idade e a capacidade demóstrase.

¿En el caso de ser reitor incentivará la introducción del inglés en las titulaciones, para así formar mejor a los alumnos y tener más opciones de atraer a gente del extranjero?¿No cree que de cara al futuro sería más interesante impartir titulaciones en este idioma y no en español o gallego? (ANDRÉS)

R: Nalgunhas titulacións terán esa necesidade. Captar aos mellores ten que ser o obxectivo da Universidade, en docentes, investigadores e estudantes, pero por que sabemos que os mellores sempre falan inglés? Non poden falar portugués, español ou mesmo galego? Por non dicir chinés, que é o máis falado no mundo!

¿En que titulacións cre que Lugo pode ser referente do Norte peninsular, como vostede dicía na súa entrevista do 30 de abril?
¿Con estes tempos de crise e á vista da conxelación de fondos da Xunta, cre que haberá tamén que recortar na universidade? (XAIMELAGEOROZCO)

R. Dende logo xa o é en Veterinaria e en todas as da EPS, e máis alá do Norte, véxase o número de estudantes estranxeiros que recibe Lugo de Eramus pero tamén brasileiros e latinoamericanos. Ese  é o camiño: En Galicia non temos Enoloxía, p. ex.; tampouco Antropoloxía, e temos que deseñar novas titulacións para o futuro, como xa se fixo con Ciencias da Cultura e en Humanidades temos o máster con máis estudantes da USC. Sabemos e podemos facelo, claro que si.

A austeridade vánnola impor —evidentemente—; nós respondemos xa con eficacia e competencia! Ese é o noso compromiso programático.

Xa foron dous os partidos políticos que "animaron" á comunidade universitaria a votar por vostede. Non cre que xa é hora de despolitizar a Universidade?  (ESTUDANTE)

R. Estou encantado de que o mundo político e a sociedade estean pendentes de nós e máis aínda que dous profesores e amigos que neste momento son deputados me apoien publicamente. É o propio dunha sociedade aberta, plural e libre. Confío que outros amigos e compañeiros doutras opcións políticas o fagan tamén. E se visita o meu Facebook verá que esa pluralidade de simpatías está presente. A universidade despolitízase traballando dende ela, por ela e para ela como levo facendo 25 anos. 

Que poden esperar as titulacións das Ciencias da Saúde dun reitor de ciencias sociais? A priori non parecen importarlle moito, xa que no seu equipo só encontro unha profesora de Ciencias, pero de Ciencias Básicas. (PERFETITO)

R Todos imos ao médico. Como non me vai interesar?  Fun eu o que propuxo o acordo de todos os candidatos por Medicina que se asinou en marzo e converteu en papel mollado o acordo de Bases. Por certo, temos dous de sete, mire ben, por favor. E todos somos académicos. Non creo na superioridade dunhas sobre outras. A capacidade de goberno e integración da diversidade non deriva da área a que un pertence. Créamo!

Como valora a posibilidade de que a universidade de Compostela quede nas mans da dereita? E como explica a baixa participación do estudantado nestas eleccións? Por que debería darlle a vostede o meu voto? Que vai facer por mudar un modelo cada vez máis elitista que vai camiño de caer nos brazos da privatización? Grazas pola súa resposta. (DENANTESMORTA)

R Es ti quen tes que valoralo co teu voto. Eu preséntome cun programa, unhas ideas e unha visión do que debemos facer todos e todas por unha USC mellor.

Empeñámonos na participación e logramos aumentala. Pasouse do 10 ao 13% en estudantes. Se non participan os estudantes é porque non pensan que o seu voto serva. VALE o 25%; votade pois. Nas vosas mans está unha ampla capacidade para decidir reitor.

Se estás de acordo nunha universidade pública forte, galega e aberta ao mundo, vótame. Grazas a ti.

Anteriormente os estudantes da USC vimos coma de un día para outro vostede e algúns membros do seu actual equipo, e daquela membros do tripartito (PUP-CU-UA) dimitiron dos seus postos sen previo aviso; paralizando o funcionamento normal da USC. Volverá dimitir se non se atopa a gusto co que se atopa?  (USCESTUDANTE)

R Sen previo aviso? Marchei e dixen por que: para propiciar unha candiadtura, e aquí estou. Non coincido con vostede na súa valoración pero estou disposto a convencelo de que a nosa proposta é a que a USC necesita. Non creo que nada quedara paralizado; cando me fun, fun rapidamente substituído, como lembrará. As inercias podían máis que as necesidades de cambio que nós propuñamos e por iso marchamos. Agora é cando, aquí é onde.

¿Cree que la Universidad está muy politizada? Si cree que es así, ¿qué se puede hacer para evitarlo? (MONCHOLOPEZ)

R Evitar as interferencias políticas, que, en todo caso son menores que cando aos reitores os nomeaba o ministro. Somos autónomos e debemos fortalecer a nosa autonomía e iso garante a non interferencia da política externa e os seus intereses.

Vostede di que será o reitor de Lugo porque despachará aquí unha ou dúas veces á semana, e tamén os vicerreitores. ¿Non lle parece unha medida ineficaz, imposible de cumprir e ademais dilapidadora e pouco sustentable ambientalmente? (CARMENDELUGO)

R Paréceme boa pero estou disposto a atopar outra mellor. Insustentable non é isto, son os desprazamentos de milleiros de persoas por autoestrada para ir das súas moradas aos seus traballos, segundo o modelo que se foi implantando en Galicia e en España. Iso si acrecenta a pegada ecolóxica, non que o reitor despache na Vicerreitoría de Lugo, non lle parece?

Tengo entendido que usted propone sólo un vicerrector para Lugo, sin más equipo. ¿De verdad cree que es suficiente? ¿Es verdad que este cargo se le ocurrió en el último momento, que al principio no pensabe poner a nadie? (PREGUNTÓN)

R Si,

NON, foi moi pensado

¿Qué piensa de su rival? (AJIANA)

R Un compañeiro e colega que defende a súa proposta para a USC coa valentía que o caracteriza, como eu defendo a miña aínda que as dúas sexan diametralmente diferentes.

Modificará o seu equipo para incluír a algún dos membros de candidaturas que quedaron fóra, tal e como se comenta? (CARMENDELUGO)

R. Non, non e mil veces non. Xa o expliquei. 

Qué prefiere antes para Galicia, un aeropuerto único o una Universidad única?

Non me gusta o único,

MENSAXE FINAL. Moitas grazas a todos e a todas polo voso interese. Respondín, penso, a todos seguindo o sentido das preguntas. O voso interese e as vosas críticas permitirán unha universidade mellor. Diso se trata e para iso traballamos. Queremos que a USC chegue a ser todo o que poida chegar a ser. Para iso temos que remover obstáculos. Conto con todos o todas vos. Os da USC e os de fóra dela que estades pendentes de nós. GRAZAS 

Comentarios