Viernes. 14.12.2018 |
El tiempo
Viernes. 14.12.2018
El tiempo

Juan Casares Long abre los chats preelectorales de la USC en El Progreso

Casares Long y García Herradón, durante el chat (Foto: Pepe Álvez)
Casares Long y García Herradón, durante el chat (Foto: Pepe Álvez)

O catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago JUAN CASARES LONG abriu este xoves 13 de maio, entre 17.45 e 18.45, os encontros dixitais na web de El Progreso / Galiciaé. Durante unha hora, este candidato a reitor da USC respondeu ás preguntas dos lectores.

O outro candidato, Lourenzo Fernández Prieto, participará este venres noutro encontro dixital.

Os dous foron os máis votados na primeira volta das eleccións, na que Casares foi o vencedor. Disputarán unha segunda volta o luns 24 de maio.

¿Como pensa solucionar todos os problemas que está a carrexar o Plan Bolonia para os estudantes? Porque na maioría dos aspectos estaos a prexudicar. (ESTUDANTE)

RESPOSTA: Os novos planos de estudo supoñen unha modificación radical do ensino ata hoxe. Bolonia de por si nin é bo nin é malo, porque foi unha declaración de intencións. A cuestión é a implementación do novo modelo de ensino e aprendizaxe. O retardo en establecer normativas e máis abrir un debate dentro do sistema universitario por parte do ministerio provocou disfuncións moi importantes tanto no feito de comezar a casa polo tellado (os posgraos antes dos graos), como a falta de recursos de espazos físicos e humans vai requerir adaptar o que figura no papel á realdade no que se refire os graos, e a reorganización dos posgraos, a formación do profesorado e a información específica aos estudantes.

Gustaríame saber qué medidas vai fomentar para avaliar a calidade do ensino universitario e se se tomará algunha medida para fomentar que a universidade teña profesores de calidade (posto que as avaliacións que se fan dos profesores, teño as miñas dúbidas de que servan para algo) (LITA)

Comezando polo final: é certo que a avaliación das enquisas, como único indicador da calidade do ensino, é insuficiente, e vai ser necesario nos próximos anos incorporar un sistema de avaliación máis completo, baseado nas normas establecidas polo Ministerio de Educación e que ao mesmo tempo permita igualar en recoñecemento a docencia á investigación. 

Señor Casares, ¿Atopará algunha solución real e concreta para os licenciados que seguimos no plan das licenciaturas para que poidamos, ou ben realizar o CAP, ou que a USC non teña limite de plazas para nós á hora de realizar este novo Máster?, ¿Non cre que nós como prexudicados, ao collernos o Plan Bolonia polo medio, e tendo en conta que somos alumnos de licenciatura, deberíamos ter as facilidades que tiveron outros ao facer o CAP na USC sen límite de prazas? Grazas polo seu tempo. (CD LUGO)

A solución de carácter inmediato é tratar de adaptar o número de prazas de cada un dos itinerarios do máster de secundaria á demanda. Con respecto ao CAP, foi suprimido por unha normativa de carácter nacional que a universidade non pode modificar. E respecto ao número de prazas, é o sistema universitario galego quen establece cantas ofertar cada ano, na medida das disponibilidades de espazo e profesorado por parte de cada unha das universidades. Será, polo tanto, unha cuestión a tratar nese foro se chegamos á reitoría da universidade. 

Qué postura adoptan vostedes sobre o paso da Escola de Enfermaría de Lugo a ser xestionada pola Usc? Que acontecerá co profesorado que ven impartindo docencia nesta escola adcrita con venia docente do rector e dende máis de 5 cursos académicos? (IRODPER)

O cambio na titularidade da escola de Enfermería non obedece a unha decisión propia da universidade; a aceptación, si. POla nosa parte, todo o que sexa colaborar na mellora da calidade da formación estaremos sempre abertos a elo. En canto ao profesorado, terá que adaptarse ás figuras de profesorado universitario, respectando os dereitos dos profesores que non se axusten a ditas figuras.

¿Es verdad que no quiere que haya grado de ingeniería química en la facultad de ciencias de Lugo?¿Qué titulaciones cree que deberían de quedar en dicha facultad? Gracias. (ANDRÉS) 

Non, non é certo. A facultade ten solicitadas dúas titulacións, que penso poden aportar estabilidade ao centro e posibilidades de emprego aos estudantes das mesmas.

Mirando os compoñentes do seu equipo de goberno, non parece que o o Campus de Lugo estivera moi presente á hora de distribuí-los cargos ¿Vai ser esta a representación que vai ter Lugo se vostede gaña? Outros candidatos deron a coñecer os gastos da súa campaña, ¿podería vostede facer o mesmo, por transparencia? (CARMEN DE LUGO)

RESPOSTA: Os tres representantes do campus de Lugo no equipo de goberno corresponden  a tres persoas moi implicadas en dito campus. O vicerreitor de coordinación, que é profesor titular de universidade da facultade de Veterinaria, foi, de 1993 ao 2001, vicedecano de dita facultade. O vicerreitor adxunto de Investigación, que é profesor titular de universidade da Escola Politécnica Superior, é o director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural dende hai seis anos, e a vicerreitora adxunta de Grao e Posgrao, que é profesora titular de universidade na facultade de Humanidades, é a actual vicedecana desta facultade.

Respecto á segunda pregunta, xa teño recollidas as contas da primeira volta; como aínda continúo dentro do proceso electoral, farei públicas as miñas contas ao día seguinte de que remate este proceso, porque todavía non están pechadas.

Sr Casares: xa non só como candidato a Reitor senón como membro da comunidade universitaria... ¿preocúpalle que a USC quede en mans dun partido político neste caso o BNG de ser elixido Lourenzo F. Prieto como reitor o día 24? (JORGEUAE)

Eu non teño por costume valorar aos meus contrincantes.

Mudará a situación dos profesores titulares de escola desta Universidade que seguen con unha carga docente de 360 h máis titorías (sexan doutores ou non)?. Cando?. Lémbrolle que esta situación xa mudóu fai anos nas Universidades da Coruña e Vigo. (ARTURO)

Naturalmente que si.

¿Por que cree que haberá que revisar o mapa de titulacións, como decía na entrevista que publicou este xornal o 3 de maio? ¿E por que pensa que será no 2012?
¿Con estes tempos de crise e á vista da conxelación de fondos da Xunta, cree que haberá tamén que recortar na universidade? (XAIMELAGEOROZCO)

Por que haberá que revisar? Porque, da análise da implantación dos novos planos teremos que determinar se é necesario incrementar ou modificar a oferta actual para adecuala ás necesidades da sociedade. Será no 2012 porque así o acordaron a Consellería de Educación e máis as tres universidades galegas no seu día.

Cando menos, teremos que ser moi rigorosos no control de ingresos e gastos. Será tamén necesario que a sociedade comece a ver á universidade como un servizo esencial para o futuro de Galicia e priorice os seus investimentos cara o ámbito educativo e máis especificamente o universitario. 

As clínicas veterinarias de Lugo levamos moito tempo sufrindo a competencia desleal do hospital Rof Codina, que atende todo tipo de consultas a prezos imposibles de igualar. ¿Vostedes pensan seguir mantendo esta situación ruinosa para os que traballamos neste sector? (NOSOYPALOMINO)

O hospital Rof Codina constitúe unha parte fundamental cara a formación dos estudantes de Veterinaria. A diferenza doutras titulacións do ámbito das Ciencias da Saúde, non existe un equivalente, como puidera ser o Sergas. A maiores, non me consta que se faga competencia desleal.

Señor Casares, ¿por que non di abertamente cales son as súas inclinacións políticas, en lugar de predica que é independente? ¿Ou vostede non estivo na Xunta de Fraga? (PASADINHA)

Nin pertencín nin pertenzo a ningún partido político. O meu partido é a universidade. Fun director do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia de decembro de 1997 a decembro de 2001.

En Lugo nunca se programan cursos ni actividades formativas para PAS, siempre somos los mismos los que tenemos que desplazarnos. ¿Hasta cuándo? (LUCENSE)

Hoxe en día, non é necesario desprazarse para recibir formación, porque existen xa un número apreciable de locais en Lugo e Compostela con posibilidades de docencia por videoconferencia.

¿Qué medidas pondrá para que quienes obtienen una cátedra en Lugo no se vayan luego a Santiago, como ya ha sucedido otras veces? (LUCENSE)

A ninguén se lle obriga a presentarse a unha praza, e, polo tanto, ao tratarse dun acto voluntario, enténdese que o seu compromiso é co campus a que oposita. Dito isto, é certo que nalgunhas áreas tense producido a situación que vostede está a comentar. A solución pasa por garantir unha permanencia mínima en Lugo e actuar en base ás necesidades de un e outro campus para asegurar a calidade da docencia e a investigación en ambos os dous.

¿Es cierto que piensa desmantelar las titulaciones que están duplicadas con respecto a Santiago? (LUCENSE)

Non é certo.

Señor Casares, lo valiente tampoco quita lo cortés. ¿Sería capaz de encontrar algo bueno en su contrincante? (ANA B.)

Si. Deu un paso adiante presentándose como candidato e asumindo un compromiso coa universidade.

Dicen de usted que es la opción de derechas, ¿se siente identificado con esta opinión? ¿Es algo malo ser de derechas? (ANA B.)

Soy una opción exclusivamente universitaria. En mi equipo existen distintas sensibilidades y formas de pensar y son todas bienvenidas porque permiten tener una visión plural y abierta de los problemas.

¿Con qué perspectivas acude a la segunda vuelta? ¿Cree que esta vez ganará? ¿Si vuelve a perder, se presentará en las próximas? (ANIANJO)

Coas mellores perspectivas. Penso que esta vez gañarei. Non se me pasa pola cabeza perder. 

MENSAXE FINAL. Agradezo a El Progreso e a todos os participantes a oportunidade que me brindastes para falar con todos vos. Deica logo.

Juan Casares Long abre los chats preelectorales de la USC en El...
Comentarios