''Celebraremos el San Vicente con una comida y un baile''

Pilar Rodríguez é unha veciña de Coe que participa na recuperación da festa na honra a San Vicente.

Como xurdiu a idea de recuperar a festa na honra a San Vicente?

Foi o ano pasado durante o San Ramón, a outra festa da parroquia. Varios dos que estabamos alí pensamos que era bo idea volver a festexar o San Vicente e puxémonos a iso tres persoas: José Vicente Vilaboa, Manuel Rodríguez e eu. Despois de 43 anos, o propio día do santo, o 22 de xaneiro, volveremos a ter festa.

En que consistirá a celebración?

Ás doce da mañá haberá dianas; á unha e media, misa, e despois, sesión vermú e comida no campo da festa. Teremos unha carpa con canón de aire quente e comeremos empanada, pulpo con cachelos, carne ao caldeiro, pan e postre, con viño, café e chupito.

E despois baile?

Si, para os nenos haberá xogos, cun monitor, e para os adultos, baile coa orquestra Acordes, pola tarde, como era antes. Remataremos con fogos de artificio.

Aínda hai prazo para anotarse?

Algún día máis si, contactando con nós ou no Bar Berna, na Rúa Nova de Lugo. De momento somos uns 150.

Como reuniron o orzamento necesario?

Con venda de lotería e axuda de varias casas comerciais.

Comentarios