Carlos Carral: ''Os dereitos humanos non poden ir detrás dos intereses''

Carlos Carral é organizador dunha manifestación a favor do pobo saharaui que terá lugar este luns en Lugo.

Quen organiza a manifestación e cando vai ser?

Organizámola un grupo de cidadáns de a pé concenciados coa situación do pobo saharaui e será diante da Subdelegación do Goberno, ás 20.00 horas.

Con que intención se fai?

Buscamos a colaboración da cidadanía ante o inmobilismo do goberno, dos partidos, da UE e da ONU. Parece que Marrocos pode facer o que queira apoiado por Francia, que ten moitos intereses na zona, e é unha responsabilidade do pobo español non deixar abandoados aos saharauis.

O venres montaron unha mesa informativa. Como respostou a xente?

A xente está a respostar ben, pero hai moito inmobilismo, non se lle ve ánimo de reclamar. Hai que esixir que actúe a comunidade internacional, non se poden poñer os intereses económicos por diante dos dereitos humanos. E hai que facer o referendo dunha vez, porque é un pobo independente e hai unha resolución da ONU que o di, pero pásase polo forro.

Teñen contacto con alguén na zona de conflito?

Si, e é certo que están entrando nas casas, masacrando á xente. Cando non deixan entrar á prensa por algo será.

Comentarios