viernes. 24.01.2020 |
El tiempo
viernes. 24.01.2020
El tiempo

''Cada uno hará su cerveza para llevar para casa''

Carlos Brea (Foto: J. Vázquez)
Carlos Brea (Foto: J. Vázquez)

Carlos Brea, monitor de agricultura ecolóxica, que dará un curso de iniciación á elaboración de cervexa

Como xurde este curso?

En novembro fixemos un curso teórico en Sarria ao que acudiu moita xente e pedíronme facer algo máis práctico, así que a idea é facelo en varios sitios, como Lugo, Sarria, Chantada ou Mondoñedo.

¿Cando é en Lugo?

Haberá un de introdución, que é máis teórico, que será este xoves, de 19.00 a 21.00 horas, ou este venres, de 20.00 a 22.00 horas. Falaremos da historia da cervexa, dos materiais e ferramentas que se precisan e tamén da comercialización. Tamén se fará unha cata das cervexas artesás que se fan en Lugo: Aloumiña, Bubela e Píntega. Custa sete euros.

¿E o de elaboración?

Neste os alumnos fan a súa propia cervexa. A primeira xornada será o día 1 de febreiro, na que se elabora, e a segunda é o día 15, porque ten que fermentar durante 15 días. Este día embotellarémola para levar para a casa. O curso son 50 euros.

Consiga AQUÍ la información completa

''Cada uno hará su cerveza para llevar para casa''
Comentarios