''Buscaremos o aguinaldo por la parroquia, disfrazados''

Manuel Rodríguez (Foto: AEP)
photo_camera Manuel Rodríguez (Foto: AEP)

Manuel Rodríguez, presidente de la asociación vecinal Os Seis Muíños, de Santalla de Lamas

Intentan recuperar a tradición de ir buscar o aguinaldo polas casas no Entroido. ¿Atopan resposta na parroquia?

Empezamos hai tres anos e, ao primeiro, a algunha xente dáballe un pouco de reparo, pero o ano pasado xa se animaron máis veciños e este, penso que aínda imos ser máis.

¿Irán disfrazados?

Por suposto, nenos e adultos Eu xa teño o traxe mercado dende hai quince días. Algunha xente faino, compra a tela e cose, pero a maioría mércao. O tema é libre, cada un vístese como quere.

¿Cando e onde será a cita?

O sábado, día 18, ás catro e media da tarde no local social. Xuntarémonos alí, xa disfrazados, e recorreremos a aldea. O que pretendemos é que os nenos non esquezan as cousas de antano.

¿Hai moitos nenos na parroquia?

Moitos non, oito ou dez. Non sei o que pasa noutras parroquias, pero nesta cada ano somos menos porque a xente vai morrendo e nacementos non hai.

E despois do recorrido pola parroquia?

Despois prepararémoslle un chocolate e uns dulces aos nenos, e ao resto da xente, que aos maiores tamén nos gustan as lambetadas dos nenos.

Comentarios