La bonhomía y el sosiego

Foto: SEBAS SENANDE
photo_camera Foto: SEBAS SENANDE

Miguel Vázquez Calvo, profesor xubilado e exconcelleiro en Lugo

COÑECÍN a Miguel por motivos profesionais, xa hai moitos anos, no IES A Piringalla (que hoxe é o IES Muralla Romana). Estaba cun grupo de profesores co que me puxen a falar e si se pode resumir o que sentín por el, diría que empatía inmediata.

Y é que este profesor de lingua castelá, de mirada fondamente cariñosa e falar sosegado transmite bonhomía permanentemente.

Máis tarde coincidimos traballando e a miña impresión inicial non fixo outra cousa que reforzarse, xa que a capacidade de Miguel para manter a entereza en momentos de dificultade é algo que só acadan poucas, moi poucas persoas. Abondaba tomar un café xuntos a media mañá para que un vise as cousas con máis sosego, o que en bastantes ocasións era moi de agradecer.

É unha persoa coa que se pode contar como demostrou cando, despois de xubilarse, aceptou novas responsabilidades que supoñían voltar a traballar en beneficio dos demais.

Hoxe, a min sempre me resulta moi grato atopalo en calquera sitio, porque a sensación segue a ser a mesma: empatía inmediata.


 

(Luis Álvarez é edil de urbanismo de Lugo)

Comentarios