Bienvenido bonito

ELP2006P72F3.JPG
photo_camera ELP2006P72F3.JPG

Chegan á praza os primeiros exemplares de bonito, que, ao contrario de que ocurreu outros anos, teñen un bo tamaño. O prezo aínda non é o mellor dos que se acadarán (16,50 euros o quilo no caso de mercalo partido), pero os que agardaban con interese a súa chegada están facendo que, pese a todo, teña boa saída. Os que pretendan aforrar deben lembrar que se o mercan enteiro, poden pagar ata cinco euros menos. Moitos decántanse por esa opción porque o bonito é unha variedade de peixe moi aproveitable. Pódese facer rolo de bonito e conxelalo unha vez feito e tamén os toros para fritir ou guisar a posteriori. Nese caso hai que ter en conta que non é un peixe que aguante moitísimo tempo no conxelador. Os que o fan en conserva soen esperar aos meses de xullo e agosto, cando baixa de prezo, para mercar.

Un quilo 16,5

   

Chega a ameixa amarela

A ameixa amarela, de tipo xaponés, xa se pode atopar na Praza a un prezo que ronda os 2,50 euros o quilo. Este ano a colleita é escasa polo mal tempo.

     
   

A sardiña segue subindo

A sardiña non deixa de subir e resulta imposible saber a que prezo chegará para o San Xoán. Polo momento véndese a 6,90 euros o quilo, aínda que se prevé que non quede ahí. Ata que pase a festa, as ventas serán contidas.

 

Prezos no mercado de Lugo
CARNICERÍA     FROITERÍA  
=  Filete t. 10,80    Maza 1,25
= Falda t. 7,20    Cereixa 2,50
= Costela 6,50   Pavía 2,25
= Criollo 6,8    Albaricoque 2,4
PESCADERÍA     HORTALIZAS  
Pescada 8,90    Xudía 3,25
 Calamar 19,20   = Tomate 1,75
= Rapante 10,90   = Leituga 0,70
= Rape 9,50   Pemento 0,50

Comentarios