Bao entregó a los colegios lápices para los alumnos de Vitaminas para o Galego

Antón Bao, na xuntanza que mantivo cos directores. (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Antón Bao, na xuntanza que mantivo cos directores. (Foto: Sebas Senande)

O tenente de alcalde e responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, mantivo onte unha xuntanza con directores de todos os centros de ensino do concello para entregarlles os lapis para escribir en galego, dentro da campaña Vitaminas 17. Trátase dunha iniciativa de Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran vintenove medios de comunicación do país para promocionar o uso da lingua en todos os sectores sociais.

Ademais da entrega dos lapis para os estudantes, Antón Bao ofertoulles aos directores dos colexios a posibilidade de colaborar coa área de Cultura como podería ser a participación dos colexios no Samaín municipal, a organización de visitas e actividades que se programen no Museio Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e outras relacionadas coa promoción cultural e do idioma.

Na web vitaminasparaogalego.gl pódese consultar un manifesto redactado polos medios de comunicación co gallo da pasada celebración do Día das Letras Galegas. O obxectivo era ler o manifesto en, alomenos, dezasete escolas e institutos, diante de dezasete concellos e en dezasete cidades de todo o mundo. Tamén se pretendeu traducir o manifesto ás dezasete linguas máis faladas.

Todas estas lecturas, gravadas en vídeo, serán enviadas ao enderezo [email protected]

Consiga AQUÍ la información completa

Más en Lugo Ciudad
Comentarios