''Aplícase en pacientes con parálise cerebral''

Manuel Piñeiro (Foto: AEP)
photo_camera Manuel Piñeiro (Foto: AEP)

Manuel Piñeiro, presidente de Auxilia, que organiza unha ponencia o día 8 sobre a técnica cirúrxica de Repetunov

Quen é o doctor Alexei Repetunov?

É un cirurxián traumatólogo ortopeda ruso, que ten máis de dez anos de experiencia practicando unha intervención denominada fibrotomía gradual por etapas. Nesta ocasión explicará os resultados da técnica en pacientes con parálise cerebral e outros tipos de patoloxías que cursan con contracturas ou dor miofascial como resultado da enfermidade ou transtorno.

En que consiste a técnica?

É unha técnica cirúrxica realizada con instrumental especialmente deseñado para a intervención. Persegue a eliminación de todas ou parte das fibras musculares ou miofasciales contracturadas e que orixinan dor ou un mal funcionamento dunha articulación.

Por que decidiron organizar esta ponencia do doctor Repetunov?

Forma parte da programación anual de actividades. Aproveitamos que o especialista ven a Santiago a dar unha conferencia e o invitamos a vir a Lugo. Soubemos deste facultativo e da técnica cirúrxica que utiliza a través de Fernanda Arrojo, que foi intervida por el. Ese mesmo día, tra-la ponencia, celebramos a nosa pulpada anual que é unha xornada de convivencia.

Comentarios