Antonio Casares, una luz en el XIX

Un asistente á inauguración da mostra observa un espectroscopio da exposición. (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Un asistente á inauguración da mostra observa un espectroscopio da exposición. (Foto: Pepe Álvez)

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) está a divulgar a figura de Antonio Casares (1812-1888), un científico monfortino que significou moito en moitos ámbitos na España do século XIX. A el débese a introdución do cloroformo cando non había métodos analxésicos, o acendido da primeira luz eléctrica con arco voltaico que funcionou no país, a análise espectral das augas, o desenvolvemento de abonos para a terra, a tradución de varios tratados científicos, a elaboración de 116 traballos, e ata o descubrimento de dous minerais, a monerosita e a zaratita .

Todo isto, e moito máis, desvélase na mostra que onte se inaugurou no pazo de San Marcos, ‘Antonio Casares, investigador e reitor da modernidade’, organizada pola USC en colaboración coa Vicepresidencia do ente provincial, representada polo delegado de Cultura, Mario Outeiro.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios