Ahora sí, del mar el mero

ELP1402P64F3.JPG
photo_camera ELP1402P64F3.JPG

non se atopa todas as semanas porque as capturas soen ser escasas e caras. O mero está considerado un peixe moi fino, de prezo elevado, que ten unha saída relativa. Non porque non guste, todo o contrario, senón polo seu coste. Por ese motivo, o prezo ao que se pode mercar esta semana na praza de abastos resulta unha moi boa noticia. A 22 euros o quilo, o mero estase vendendo moi ben. Baixou tres euros na última semana, na que xa tiña un prezo asequible (non é raro que supere os 30 euros). Á grella, á galega, en preve verde e ao forno son algunhas das preparacións posibles dunha variedade que admite case calquera. Como outros peixes brancos, o mero é perfecto para os que busquen unha carne fina, con sabor pero non demasiado contundente. É tamén perfecto para os cativos pola súa suavidade.

Un quilo 22

   

Mandarina fortuna

A froita que mellor saída ten estes días na Praza é a mandarina Fortuna, unha variedade tardía, de pel máis vermella, difícil de pelar pero moi doce.

     
   

Grelos e berzas, a un euro

As madas de grelos para o cocido e as de berzas para o caldo véndense a un euro no mercado municipal. Estas dúas verduras de folla son as que mellor se comercializan nestes tempos de Entroido e de frío.

Precios en el mercado de Lugo
CARNICERÍA     FRUTERÍA  
= Polo 3   Fresón 3,50
= Callos 5,50     Laranxa 1,25
= Filete t. 9,90   = Mazá 1,20
= Solombo 18   Plátano 1,80
PESCADERÍA     HORTALIZAS  
Calamar 12,90   =  Xudía 3,75
 Pescada 8,90   = Tomate 1,90
= Rapante 11,90   = Leituga 0,70
Xurel 4,50    Pemento 2,60

Comentarios