''Actúan nenos do barrio e vanse sortear varias cestas''

Canto custa a entrada do festival que fan hoxe, as 19.15 no Auditorio?

A entrada de adultos custa 5 euros e a de nenos, 1, e a recadación vai para Cáritas parroquial porque son os que mellor coñecen as necesidades da xente do barrio.

Quen actuará?

No festival actuará Alejandra Corral, representante de Terras de Lugo no concurso de cantantes de Luar, a escola de baile Ritmo, Cántigas e Frores, o Mago Lamas e varios contacontos.

Haberá outras sorpresas para o público?

Sortearanse varias cestas e un xamón, todo donado por comerciantes do barrio.

Os nenos do barrio terán gran protagonismo?

Participan alumnos dos Colexios Salesianos, Paradai e Cervantes que representarán danza tradicional galega,batuka e kung-fu.

Que outros actos van incluír no programa do festival, ao que adoitan acudir moitas familias?

Entregaranse os premios do certame literario que se organiza tradicionalmente entre os nenos de 11 e 12 anos dos colexios do barrio (Salesianos, Cervantes e Paradai). Este ano o lema foi Contos de Outono e houbo moita máis participación, con 240 traballos presentados.

Comentarios