Xosé Manuel Piñeiro regresa á TVG este Nadal

O presentador deixara os platós hai uns meses por padecer un miloma múltiple
Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro. tvg
photo_camera Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro. TVG

Este sábado, Xosé Manuel Piñeiro volverá á TVG para presentar Pequenos Fenómenos xunto a Lucía Regueiro.

O presentador completa así o seu regreso aos platós logo de deixalos hai meses como consecuencia dun miloma múltiple

Pequenos Fenómenos é un espazo no que se desenvolve un concurso musical infantil, que se desenvolve en tres galas consecutivas e en que 16 rapaces procedentes de toda Galicia competirán e sorprenderán a audiencia coas súas artes interpretativas.

EMOTIVO REGRESO. Superpiñeiro xa visitara o programa Luar en setembro. Foi unha reaparición agardada e moi emocionada, tanto para o presentador como para o público de Luar e o seu presentador, Xosé Ramón Gayoso.

Piñeiro, nesa ocasión, cantou un popurri de Juan Pardo co que puxo en pé o público e Quen dixo medo. Ademais xa avanzara que se encontraba "estupendamente" e que volvería pronto á radio e á televisión. 

Comentarios