Volverá Gayoso presentar as badaladas de Fin de Ano?

A estrela da TVG leva dous anos sen dirixir o acto
 
Xosé Ramón Gayoso. ARQUIVO
photo_camera Xosé Ramón Gayoso. ARQUIVO

O presentador Xosé Ramón Gayoso volverá presentar o Especial badaladas da TVG na noite de Fin de Ano, despois de dous anos sen dirixir o acto das badaladas.

Deste xeito, Gayoso volverá á praza do Obradoiro xunto a outras caras coñecidas do ente público, como Rocío Durán (Hora Galega) e Noelia Rey (Malicia Noticias).

A volta de Gayoso á noite de Fin de Ano ten lugar un par de meses despois de que a CRTVG “chancease” coa retirada do histórico presentador das noites de Luar.

Todo quedou nunha broma e Gayoso volveu a Luar e agora tamén o fará ás badaladas.

Comentarios