miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

Tonhito de Poi e Lucía Pérez chegan a Galicia

Tonhito de Poi e Lucía Pérez, no Cebreiro
Tonhito de Poi e Lucía Pérez, no Cebreiro
Ambos os cantantes subiron este xoves ata O Cebreiro despois de arrancar o Camiño dende Roncesvalles

Tonhito de Poi e Lucía Pérez continúan coa súa andaina no Camiño de Santiago. Os dous cantantes siguen o traxecto que comezaron en Roncesvalles e que pretenden finalizar na capital galega. Un fito lográrono este xoves: entraron en Galicia.

Despois de comezar a mediados de marzo, ambos os artistas comprometéronse a rematar esta aventura próxima ao reality, xa que os compaña unha cámara durante toda a ruta. A chegada ao Cebreiro -despois de 650 quilómetros- foi motivo de celebración.

Aínda que non todos apostaban porque aguantarían tantos días de esforzo, tanto Tonhito de Poi como a cantante do Incio Lucía Pérez están cumprindo co reto que se propuxeron.

Tonhito de Poi e Lucía Pérez chegan a Galicia
Comentarios