"Tenían que ilegalizar el gallego"

James Rhodes solidarízase con Guido Álvarez despois de que o guía turístico lucense recibira nas súas redes sociais unhas mensaxes ofensivas contra o uso do idioma

Guido Álvarez e James Rhodes. EP
photo_camera Guido Álvarez e James Rhodes. EP

"No puedo contigo, a pesar de que soy yo gallego, cada vez que hablas gallego me pongo enfermo". Estas e outras palabras compoñen unha serie de mensaxes ofensivas que recibiu o lucense Guido Álvarez no seu Instagram por empregar a lingua galega. 

O guía turístico sinalou que "parece incrible recibir mensaxes como estas no século XXI, o peor de todo é que non é a primeira vez que me pasa". 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Una publicación compartida de Guido Álvarez Parga (@guidoalvarezp)

Sen embargo, Guido Álvarez non quedou só, e un bo número de usuarios amosoulle o seu apoio e o rexeitamento as sentencias do anónimo. Este último tamén afirmou que "el gallego es un idioma aislado del mundo" ou que "tenían que ilegalizar el idioma gallego, porque no vale para nada". 

Entre as persoas que trasladaron ánimos ao guía lucense, atópase o pianista James Rhodes: "Todo o meu apoio a Guido Álvarez. Que mensaxe máis triste e deprimente".

Guido tamén fixo referencia aos agarimos recibidos: "Na miña vida recibín tantas mensaxes como hoxe. Non teño palabras. Nunca imaxinei este impacto. Milleiros de mensaxes e comentarios de todo o planeta que recopilarei por son preciosos".

Comentarios