lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Tanxugueiras valora ir a Eurovisión tras arrasar nunha enquisa eurofán

Tanxugueiras. PLAYPLAN
Tanxugueiras. PLAYPLAN
A maior votación de seguidores do festival colocounas no primeiro posto entre cen ► O trío agarda polas condicións da selección de Benidorm para decidir se se presenta

A canción 'Figa', do trío coruñés Tanxugueiras, quedou de primeira nunha votación entre cen temas de primeiras figuras da música española para ser a representante no festival de Eurovisión. Agora as tres artistas de Teo (as irmás Olaia e Sabela Maneiro) e Ribeira (Aída Tarrío) van estudar a posibilidade de comparecer na selección oficial.

O tema foi escollido na maior votación sobre o asunto organizada por eurofáns. Non está habilitada como selección oficial, pero tense en consideración pola cantidade e o coñecemento dos participantes na iniciativa.

Realízase en toda España, polo que non faltou a sorpresa de que un grupo de música tradicional -se ben a mesturan con sons electrónicos- e que canta en galego se impoña a artistas do peso de C. Tangana, Fangoria ou Ruth Lorenzo -que adoita triunfar nesta enquisa-.

Sabela Maneiro recoñeceu este mércores que elas "non estaban moi postas no tema" e que non se "apuntaron en ningún sitio", segundo manifestou a satisfacción por ter obtid o maior respaldo nunha enquisa na que votaron eurofáns, "que son exquisitos".

A enquisa fai unha aposta "por un tema en galego, sendo moita xente que non entende o galego, e tradicional, aínda que vaia con sons novos", apuntou. "Din que co galego non chegas a ningún sitio e si que se chega", engadiu.

España participa no concurso televisivo desde 1961. Nunca houbo unha canción en galego, vasco ou catalán que se cantase no seu nome nestes sesenta anos.

A votación ten un valor limitado e simbólico, pero marca a tendencia na corrente que o público quere que sexa o aspirante español a gañar o concurso musical das televisións europeas.

BENIDORM. A selección vaise facer no resucitado Festival de Benidorm, que leva 15 anos sen organizarse, seguindo o modelo do Festival de San Remo, que se actuliazou e escolleu a Maneskin,que acabaron impoñéndose tamén na propia Eurovisión.

O candidato sairá de dúas semifinais e unha final. Aínda non se coñecen as bases para presentarse, pero xa se sabe que 'Figa' non pode ser a canción que defendan as coruñesas.

Tanxugueiras está agardando a que se fagan públicas as bases que regulen os artistas que poden acudir a este certame e os temas que poden concorrer para valorar se se presentan a esta convocatoria.

O trío está gravando estes días os temas do que será o seu vindeiro disco, que está previsto para publicar na primavera e aínda non ten título. Ligado a ese álbum haberá un novo espectáculo e unha escolla dos singles que irán lanzando. Hai que considerar que xa teñen datas concretadas para actuar.

En función das condicións para ir a Benidorm e dos condicionantes do grupo decidirán se voarán á cidade alicantina en maio do ano que vén.

En caso de que compuxesen unha canción ex profeso, seguiría a mesma liña de equilibrar a tradición e a modernidade que iniciaron en 'Midas'.

O tema elixido nese certame será interpretado na final eurovisiva ao ser España un dos países fundadores da iniciativa da música popular europea.

Outros galegos: Baiuca, Boyanka, Kostova, Verto e Sen Senra, na lista 
A maiores de Tanxugueiras hai outras catro propostas galegas na listaxe de cen cancións que os eurofans enviarían a Italia na próxima primavera.

Baiuca,
o proxecto de Catoira que tamén combina as correntes históricas coa electrónica, quedou no posto 19º con ‘Veleno’.

Verto no 34º


O dúo máis adorado do pop electrónico galego, os composteláns Verto tiveron votos a ‘Todo o que che din’ para quedar no 34º. Hai que mirar moito máis atrás, no 71º, para atopar a Boyanka Kostova con ‘Muinheira de interior’. Dez postos máis abaixo está Sen Senra, que é o alcume do músico de Forcarei Christian Senra, que foi escollido por ‘Sublime’.

Rigoberta Bandini 

Nos primeiros postos da lista atopamos a canción ‘Perra’ de Rigoberta Bandini, y ‘La luz’ de María José Llergo.

Pablo Alborán


Un estilo más clásico, como o de e Pablo Alborán, quedou no 47º

Tanxugueiras valora ir a Eurovisión tras arrasar nunha enquisa eurofán
Comentarios