O 65% dos vigueses, 'pouco concienciados' co consumo responsable

O 65% dos vigueses defínense como 'pouco concienciados' en cuestións como o consumo responsable de auga, enerxía ou a reciclaxe de residuos. Polo menos esas son as conclusións que presentou o Valedor do Cidadán do concello da cidade olívica, Luis Espada Recarey, froito dun informe sobre 'Hábitos de consumo da cidadanía viguesa'. Fronte a este dato, o 32,7% dos enquisados consideráronse 'bastante concienciados' en hábitos para optimizar o consumo.

No referente ós posibles contrastes entre sexos sobre este tema, no se atopan grandes diferenzas en Vigo pero sí existen contrastes en canto falamos de idades: os 'bastante concienciados' son máis a medida que diminúe a idade, un 37,7% para o tramo de 15 a 34 anos, fronte a un 21,6% para o segmento de 71 a 99 anos.

Comentarios